Xantamos e conversamos con ela sobre como foi a orixe do libro. Hai que buscal nun conto para cativxs chamado Adán anda.
Falounos do documental El sexto sentido. Deixamos aquí o enlace por se vos apetece velo https://www.youtube.com/watch?v=PoJLRuS5D0U
Falounos de como nos alimentamos de relatos.
Falounos de como moitas historias non están contadas desde a perspectiva dunha persoa cativa ou adolescente.
Falamos de como a adolescencia é esa etapa onde existe gran preocupación polo que pensen os demais.
Falamos das redes sociais.
Falamos o autoconcepto, do entorno e da escola, así como da sociedade en xeral.
Falounos dos espellos e a mirada dos demais.
Falounos dos nomes e a carga simbólica tan grande que teñen para as persoas trans.
Falounos de Marcos.
Falounos da cuberta do libro.
Falounos de Suso e a súa presenza por ausencia.
Falounos da morte...
E faltaron tantas cousas das que falar.
Grazas, Eva, por vir e compartir o teu tempo con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario