viernes, 22 de junio de 2018

VIAXE A SÁLVORA

Para despedir o curso, os clubs de lectura do IES Xelmírez I ( MerLÍN e familia e POZA dos libros, BAR de lecturas) viaxamos ata Sálvora e percorremos a illa , descubrindo unha aldea na que xa non vive ninguén desde 1972, un faro no que naufragou un barco o 2 de xaneiro do 1921 e catro mulleres que nesa noite salvaron a máis de cincuenta persoas de morrer afogadas...ademais de gaivotas, cabalos salvaxes (isto daría para outra historia que algún día contaremos...) a fonte de Santa Catalina, augas que convidaban ao baño e un ceo azul, aberto para nós.


Un día ben fermoso, onde acompañaron as palabras, os risos e a boa compaña.




ATA SETEMBRO!

E sempre coa ventá aberta ás lecturas!!!



domingo, 17 de junio de 2018

LECTURAS PARA O VERÁN

Recomendacións lectoras para o verán...

Felices lecturas!



A CAIXIÑA DOS RANCORES

Rematamos o curso coa visita de Héctor Cajaraville e con el, comentamos A caixiña dos rancores.

Contounos como empeza as historias, sen ter claro a onde vai chegar...


Contounos como xurdiu a novela a partir de dous irmáns xemelgos separados ao nacer e que, por azar, se atopan un día. Quedan tan abraiados do seu parecido que comezan a tirar do fío...
Contounos como o título orixinal ía ser Vidas Cruzadas....

Contounos canto lle gustaba escribir de pequeno e a mágoa que lle quedou por non ter gardado nada daquelas primeiras fabulacións...


Contounos como lle gustaría escribir sobre a súa infancia en Herbón...


E contounos como o seu desexo de escribir partiu da LECTURA...




GRAZAS SEMPRE, HÉCTOR!!!

CORREDORA

4ª XUNTANZA

ABRIL 2018

CORREDORA, de María Reimóndez, foi a obra escollida e moito nos impresionou Genet e todos os obstáculos que tivo que superar para acadar o seu soño...




A SRTA BUBBLE

3ª XUNTANZA. FEBREIRO 2018

A SRTA BUBBLE, DE LEDICIA COSTAS

Mira que rimos con esas profesoras odiosas...coa gata Nefertiti, coas extravagancias da Srta. Bubble. Tamén nos emocionamos con Vicent e co final da historia, que non imos desvelar...





CONTOS E CURTAS DE TERROR

2ª XUNTANZA

DECEMBRO de 2017.

Lemos unha selección de contos de Chris Priestley e vimos algunhas curtas que nos puxeron a carne de galiña e nos deixaron coa boca aberta...

O que devecemos por unha boa historia de terror...aínda que saibamos que non imos durmir...






CARTAS DE INVERNO

Nace a Poza dos Libros ( Bar de lecturas) con moitas ganas de ler, de falar e de compartir.

Xuntámonos os martes, netre as 14:30 e as 16:00. Mentres comemos, tamén falamos, rimos e alborotamos un chisco arredor da lectura. Pero non só iso, (re)descubrímonos a través do que lemos e non queremos que acabe a viaxe.

Primeira xuntanza con CARTAS DE INVERNO, de Agustín Fernández Paz.

Que ben o pasamos e que ganas de seguir lendo historias de medo!

OUTUBRO 2017








LECTURAS DESCONFINADAS

E para rematar este curso tan anómalo, as habituais recomendacións lectoras. Volvemos en setembro con máis forza, ilusión e ánimo. Bo ve...