Ata setembro!
Sede felices e lede moito!
Club de lectura do alumnado do curso 2019-20 de 3º ESO do IES Xelmírez I. Un tempo de ENCONTRO, unha rede de AFECTOS e un espazo LECTOR
martes, 25 de junio de 2019
ROTEIRO LIBREIRO
Rematamos o curso cun roteiro por catro da librarías máis representativas de Compostela.
Primeira parada: COUCEIRO, onde María e Pablo nos contaron todo o proceso de encadernación e moitas curiosidades agochadas entre os seus libros.
LILA DE LILITH. Patricia explicounos a orixe da libraría e pasamos un bo anaco mergulladxs entre os seus andeis.
CRONOPIOS. Carmela e Xaco deixáronnos andar como pola casa.
KÓMIC. Un mundo por descubrir despois de 30 anos en Santiago.
Moitas grazas por facelo posible!

sábado, 15 de junio de 2019
TODXS TERIAMOS QUE SER FEMINISTAS
A última xuntanza do curso xirou arredor do libro de Chimamanda Ngozi. E foron moitas os temas que saíron, desde cando fora a primeira vez que escoitaran o termo feminista ata os micro?machismos.
Tamén aproveitamos para visionar algunhas curtas, das que deixamos aquí o enlace.
Dream Gap. https://youtu.be/AY4gdH4E5qM
Mi hija quiere ser ingeniera. https://youtu.be/HK5B_GGkvwA
Micromachismos.https://youtu.be/g-AkphvsQ2c
O machismo non é pasado. https://youtu.be/I2VUZ-hcYBo

domingo, 2 de junio de 2019
22 SEGUNDOS
Eva Mejuto acompañounos desta volta.
Xantamos e conversamos con ela sobre como foi a orixe do libro. Hai que buscal nun conto para cativxs chamado Adán anda.
Falounos do documental El sexto sentido. Deixamos aquí o enlace por se vos apetece velo https://www.youtube.com/watch?v=PoJLRuS5D0U
Falounos de como nos alimentamos de relatos.
Falounos de como moitas historias non están contadas desde a perspectiva dunha persoa cativa ou adolescente.
Falamos de como a adolescencia é esa etapa onde existe gran preocupación polo que pensen os demais.
Falamos das redes sociais.
Falamos o autoconcepto, do entorno e da escola, así como da sociedade en xeral.
Falounos dos espellos e a mirada dos demais.
Falounos dos nomes e a carga simbólica tan grande que teñen para as persoas trans.
Falounos de Marcos.
Falounos da cuberta do libro.
Falounos de Suso e a súa presenza por ausencia.
Falounos da morte...
E faltaron tantas cousas das que falar.
Grazas, Eva, por vir e compartir o teu tempo con nós.

O CORAZÓN DE XÚPITER
Nesta nova xornada do club, lemos O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas.
Falamos da identidade dixital, da soidade, da desconfianza, das medusas e as súas predicións, das relacións homosexuais...
E tamén do final...ese final de Isla

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
LECTURAS DESCONFINADAS
E para rematar este curso tan anómalo, as habituais recomendacións lectoras. Volvemos en setembro con máis forza, ilusión e ánimo. Bo ve...
-
Chegou o curso 2018-2019 e con el o club de lectura Poza dos libros ( Bar de lecturas) Empezamos lendo A banda sen futuro , de Marilar Al...
-
4ª XUNTANZA ABRIL 2018 CORREDORA , de María Reimóndez, foi a obra escollida e moito nos impresionou Genet e todos os obstáculos que tivo...
-
Rematamos o curso coa visita de Héctor Cajaraville e c on el, comentamos A caixiña dos rancores. Contounos como empeza as historias, sen ...